Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 2 de marzo de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación de volumes na avenida da Coruña-Ramiro Rueda, e reaxuste de aliñación no tramo desta última perpendicular a aquela.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 24-2-1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na avenida da Coruña-Ramiro Rueda, e reaxuste de aliñación no tramo desta última perpendicular a aquela, a solicitude de Ramón Gómez Crespo, en representación de Veiga Crespo, S.L.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou as suxerencias que se desexen.

Lugo, 2 de marzo de 1995.

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 10-6-1992)

Eugenio Enrique Corral Álvarez

Concelleiro delegado

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario