Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 7 de marzo de 1995 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública do programa de actuación urbanística e plan parcial do SUNP Sur-G (parque dos Paxariños) do vixente PXOU de Lugo.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 24-2-1995, acordou aprobar inicialmente o programa de actuación urbanística e plan parcial do SUNP Sur-G (parque dos Paxariños) do PXOU vixente, o que se somete a información pública por prazo de un mes ó amparo do prevido no artigo 116 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana e artigo 224.1º

do Regulamento de xestión urbanística. Durante o dito prazo poderase consulta-lo expediente no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), en horas de oficina e formula-las alegacións que consideren convenientes.

Lugo, 7 de marzo de 1995.

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 10-6-1992)

Eugenio Enrique Corral Álvarez

Concejal delegado

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario