Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Especial de Infraestructuras Exteriores do parque empresarial de Bueu.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria urxente celebrada o día 2 de marzo de 1995, o Plan Especial de Infraestructuras Exteriores do parque empresarial de Bueu, redactado polo equipo Alameda 12, S.L., anúnciase

o sometemento ó trámite de información pública, durante o prazo de un mes, contado a partir desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría do concello, e presentar alegacións no rexistro xeral, dentro do prazo sinalado.

Bueu, 3 de marzo de 1995.

Manuel Freire Lino

Alcalde