Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO.

Aprobadas inicialmente polo Pleno as normas subsidiarias de planeamento do Concello da Lama, expóñense a información pública polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, durante o que poderán ser examinadas e formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Na área de solo urbano delimitada como E.1. polas rúas: Alameda, Pedreira, Praza Alameda e Praza de Abastos, queda suspendido o outorgamento de licencias polo prazo de un ano, por canto as novas determinacións do planeamento supoñen modificación do réxime urbanístico nelas vixente.

A Lama, 28 de marzo de 1995.

Manuel Rial González

Alcalde