Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA do 3 de abril de 1995, da Secretaria Xeral para o Turismo, pola que se lles notifica a determinadas axencias de viaxes a incoación dos correspondentes expedientes de revogación do seu título licencia.

Pola presente cédula notifícaselles ós titulares ou representantes legais das axencias de viaxes que figuran no anexo, con datos e últimos enderezos que tamén se sinalan, que, notificados da obrigatoriedade de presentar no prazo de un mes a documentación acreditativa de ter realizada a adecuación da axencia a cada un dos aspectos regulados no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

E tendo en conta que esas axencias non presentaron dentro do prazo sinalado a mencionada documentación, esta secretaría xeral acordou inicia-lo expediente de revogación do seu título licencia, de conformidade co establecido na disposición adicional segundo apartado 2 do referido decreto.

Igualmente, fáiselles saber que os expedientes poderán examinarse, e obter copia dos documentos contidos neles, na Secretaría Xeral para o Turismo.

E para que conste e lles sirva de notificación ós titulares ou representantes legais desas axencias de viaxes, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 22 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

ANEXO

-Axencia de viaxes: Viajes lbermex, S.A.

Titular ou representante legal: Mª Ángeles Moldes Area.

Último enderezo coñecido: Nuevas Galerías Oliva, local 7, Pontevedra.

-Axencia de viaxes: Viajes Agarimo Bus Galicia, S.A.

Titular ou representante legal: José M. Fernández de las Cuevas.

Último enderezo coñecido: Rúa Caldas, 55-baixo, Ourense.

-Axencia de viaxes: Viajes Galirama, S.A.

Titular ou representante legal: Leoncio Gómez Feijoo.

Último enderezo coñecido: Rúa A Rosa, 26, Santiago de Compostela.

-Axencia de viaxes: Viajes Costa Gallega, S.A.

Titular ou representante legal: José I. Fernández Molina.

Último enderezo coñecido: Ramón y Cajal, 53-Centro Comercial Catro Camiños, A Coruña.