Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.224

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (263/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta que se seguen neste xulgado co nº 263/1994, sobre separación conxugal, se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 9 de marzo de 1995, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal seguido neste xulgado co nº 263/1994, no que actuou como parte demandante Tránsito Salazar Jiménez, representada polo procurador dos tribunais Darío Garcíoa Brea e asistida pola letrada María Teresa Martínez Vidal, nomeados ambos de oficio, e no que se deu audiencia a Rafael Ferreruela Fernández, non comparecido nas actuacións, e ó avogado do Estado.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Tránsito Salazar Jiménez, co obxecto de promover demanda de separación contra Rafael Ferreruela Fernández, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días contados desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O secretario

Rubricado