Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.223

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (212/1994-05).

María Fe Meitin Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 212 de 1994, seguido por instancia de Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra Gonzalo Puente Giadas, María Pulleiro Rodríguez, Luis Puente Giadas e Dolores Varela Calvo, con domicilio no Cruceiro de Sar, Santiago de Compostela (A Coruña), acordei a celebración de pública poxa, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

1. Sinalaouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día nove de xuño, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de dezasete millóns duascentas cincuenta mil oito

centas setenta e cinco pesetas respecto ó predio A e de vintecinco millóns oitocentas setenta e cinco mil respecto do predio B, fixado para o tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día tres de xullo, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por 100 da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día vinteoito de xullo ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0212/94, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifestos na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepte e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción do prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego cerrado e o remate poderá verificarse en calidade de llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. En caso de que houbese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. Se fose pedido polo acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros postores e sempre pola orde delas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselles ós debedores no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Ben obxecto de poxa.

Predio A.-De propiedade dos esposos Gonzalo Puente Giadas e María Pulleiro Rodríguez: casa de planta baixa e un piso, dunha superficie de setenta metros cadrados, que co terreo non edificado forma un só predio de setenta e dúas centiáreas de superficie. Estrema: norte, de Vicente Giadas e fillos; sur, de Elisa Giadas Parga; leste, Jesús Guldrís Seoane; e oeste, de herdeiros de Consuelo Parga Seoane, hoxe de Luis Sánchez Harguindey.

Situada no Cruceiro de Sar, parroquia de Santa María A Maior, e Real de Sar, de Santiago de Compostela.

Título, escritura de declaración de obra nova outorgada o 26 de outubro de 1987 ante o notario de Santiago de Compostela, José Antonio Montero Pardo.

Inscrita, no tomo 1019, libro 58, folio 89 volto, predio 5063.

Predio B.-Da propiedade dos esposos Luis Puente Giadas e María Dolores Varela Calvo: casa de planta baixa e un piso, dunha superficie de noventa metros cadrados, que co terreo non edificio forma un só predio de cinco áreas e oitenta e seis centiáreas. Estrema: norte, de Gonzalo Puente Giadas; sur, estrada ó Rodiño; leste, de Dolores Puente Giadas; e oeste, herdeiros de Luis Sánchez Harguindey.

Situadas no Cruceiro de Sar, parroquia de Santa María A Maior e Real de Sar, do municipio de Santiago de Compostela.

Título, escritura de declaración de obra nova outorgada ante o notario de Santiago de Compostela, José Antonio Montero Pardo, o 11 de setembro de 1987, número de protocolo 1090.

Inscrita no tomo 1019, libro 58, folio 91, predio 5064.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de marzo de mil novecentos nvoenta e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA