Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.223

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Pura e Aplicada desta universidade, a Mercedes García Bugarín.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10-6-1994), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Pura e Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Mercedes García Bugarin, DNI nº 36.029.461, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mercedes García Bugarín catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Pura e Aplicada desta universidade.

Este nomeamento terá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 15 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA