Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/326/95, interposto por Purificación Isabel Rodríguez Sobrino.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/326/95, interposto por Purificación Isabel Rodríguez Sobrino contra a resolución desestimatoria do recurso formulado contra a resolución conxunta do 29 de xullo de 1994, da secretaría xeral da dita consellería e desta dirección xeral (DOG nº 160, do 19 de agosto) (corrección de erros DOG nº 186, do 26 de setembro), pola que se dispón a publicación do acordo subscrito pola Administración sanitaria e os representantes do Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Hospital Santa María Madre de Ourense, polo que se regulan determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal que presta servicios no devandito centro sanitario.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos