Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/219/95, interposto por María José López Silva.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/219/95, interposto por María José López Silva contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos