Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/245/95, interposto por AMPI-APD.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/245/95, interposto

AMPI-APD contra a disposición transitoria terceira do Decreto 200/1993, do 29 de xullo (DOG nº 167, do 31 de agosto), de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e contra as resolucións do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convocan concursos de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares, e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos