Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/28/95, interposto por María del Carmen Calderón Rodríguez contra a contratación temporal de María del Carmen Blanco García, con data 28 de xaneiro de 1994, como camareira-limpadora da residencia da terceira idade de Ferrol.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos