Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/328/95, interposto por Carmen Casal Domínguez.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/328/95, interposto por Carmen Casal Domínguez contra a desestimación presunta da solicitude formulada á Dirección Provincial do Sergas de Ourense, con data 7 de xuño de 1994, sobre acumulación da praza de matrona titular de Vilar de Santos á de practicante titular do mesmo concello.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no pro

cedemento, que son emprazas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos