Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se suspende a obrigatoriedade de constitución de fianzas para a obtención ou visado de autorizacións de transporte de ámbito autonómico.

Por orde ministerial do 6-2-1995, suspendeuse a obrigatoriedade de constitución de fianzas para autorizacións de ámbito nacional. Consecuentemente, o mantemento das fianzas para autorizacións de ámbito máis reducido como as autonómicas produciría disfuncionalidades.

Noutra orde de cousas, á luz da experiencia acumulada desde a entrada en vigor da Orde do 2-10-1989, procede reconsidera-la dita regulación mentres non se solvente a problemática que, en determinados supostos, dificulta o seu cumprimento.

Na súa virtude, oído o Consello Galego de Transportes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda en suspenso a obrigatoriedade de constituír fianzas para a obtención ou visado de autorizacións de transportes de ámbito autonómico.

Disposición derradeira

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda