Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se liberalizan as tarifas para o transporte de leite.

A Orde do 14 de setembro de 1984, da Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda, regulou as tarifas para o transporte de leite con carácter de obrigatorias, establecendo unhas tarifas mínimas e máximas para o devandito transporte por estrada dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

A progresiva tendencia actual á apertura dun proceso de liberalización do séctor dos transportes de conformidade co establecido no dereito comunitario e a defensa constitucional dos principios de autonomía de vontade das partes e liberdade de empresa no marco da economía de mercado, xunto coa inexistencia das razóns que xustificaron no seu día o establecemento das ditas tarifas desde a perspectiva da ordenación do transporte e a vonveniente adecuación da estructura tarifaria traen como consecuencia a modificación da citada orde co obxecto de lograr unha adecuada asimilación do proceso en curso de

liberalización do transporte por estrada debido ó cambio dos aspectos do noso contorno social, xurídico e político consecuencia da incorporación de Españá á Comunidade Económica Europea.

Na súa virtude e oído o Consello Galego de Transportes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan liberalizadas as tarifas para o transporte de leite por estrada, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións reguladoras das tarifas para o transporte de leite por estrada, de competencia da Xunta de Galicia, de igual ou inferior rango que a presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o seguinte día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda