Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle de axuste de aliñacións e rasantes en Tomás A. Alonso, PERI A Seara.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 14 de febreiro de 1995, o estudio de detalle de axuste de aliñacións e rasantes en Tomás A. Alonso no cuarteirón sito entre a rúa Tomás A. Alonso no cuarteirón sito entre a rúa Tomás A. Alonso e o ámbito do PERI da Seara (3362/411), redactado pola arquitecta Julia Chamosa Martín por encargo do Concello de Vigo, coas seguintes observacións:

a) A aliñación interior axustarase ós fondos da edificación existente en Tomás A. Alonso, 29 e 31.

b) Toda medianeira de nova creación deberá ter tratamento de fachada.

c) Nos edificios susceptibles de incrementa-la súa altura deberá aclararse con maior precisión o número de alturas permitido e a altura máxima.

Sométese a información pública polo prazo de quince días con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da

Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: Tomás A. Alonso, 27.

Sur: Tomás A. Alonso, 43.

Leste: Tomás A. Alonso, 35 e camiño da Seara, 16.

Oeste: Tomás A. Alonso.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 7 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde