Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación da obra de separata da urbanización do polígono de Esteiro en Ferrol (A Coruña).

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, da seguinte obra:

Obxecto: separata da urbanización do polígono de Esteiro en Ferrol, A Coruña.

Orzamento: 188.958.924 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 4 meses.

Fianza provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Fianza definitiva: 7.558.357 pesetas.

Clasificación esixida: G-4, E-1, I-1.

Categoría do contrato: e, e, d.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexirán a contratación estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central

do Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo antes das 14 horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Apertura de proposicións: a Mesa de Contratación reunirase en sesión pública ás 10 horas do décimo día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993).

José A. Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.