Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón número 63 do PEEC.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 14 de febreiro de 1995, o estudio de detalle do cuarteirón número 63 do PEEC (3289/41l), redactado polos arquitectos María José Maldonado Torneiro e Alberto Iglesias Álvarez; sométese a información pública polo prazo de quince días con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro e Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: rúa Urzáiz.

Sur: rúa María Berdiales.

Leste: rúa Hernán Cortés.

Oeste: rúa Magalláns.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 13 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde