Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se liberalizan as tarifas de servicio público de transporte de mercadorías de carga completa por estrada, aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.

A orde do 11 de novembro de 1986 regulou as tarifas mínimas dos servicios públicos de transporte de mercadorías de carga completa por estrada, aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 18 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, permite que a Administración de transportes estableza tarifas obrigatorias ou de referencia para os transportes públicos e actividades auxiliares e complementarias do transporte, e reguladas na dita lei, por razóns de ordenación do transporte vinculadas á necesidade de protexe-la posición dos usuarios ou dos transportistas, para asegura-lo mantemento e continuidade dos servicios ou actividades do transporte ou para a realización destas en condicións axeitadas.

A apertura actual dun proceso de liberalización do sector global do transporte, de conformidade co establecido no dereito comunitario, que trae consigo un cambio substancial de aspectos do noso contorno social, xurídico e político, consecuencia da incorporación de España á Comunidade Económica europea, leva aparellado que para os servicios públicos de transporte de mercadorías de carga completa por estrada, aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia, non existan, hoxe en día, as razóns proteccionistas determinadas no artigo 18 da Lei de ordenación dos transportes terrestres para a súa suxeición ó réxime de tarifas obrigatorias e, polo tanto, resulte necesario excluír do dito réxime esta clase de transporte.

Na súa virtude, e oído o Consello Galego de Transportes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan liberalizadas as tarifas para os servicios públicos de transporte de mercadorías de carga completa por estrada, aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións reguladoras das traifas para os servicios públicos de transporte de mercadorías de carga completa por estrada, aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia, de igual ou inferior rango que a presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o seguinte día ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda