Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1995 pola que se dictan normas para garanti-los servicios veterinarios mínimos durante a folga convocada para os días 4, 10 e 11 de maio de 1995, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116 do 20 de xuño).

O artigo 3 do mencionado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios e o persoal preciso para prestalos.

As centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia, Confederación Intersindical Galega e Unión Xeral de Traballadores de Galicia en escrito do 18 de abril de 1995, comunican a convocatoria de folga por toda a xornada, os días 4, 10 e 11 de maio 1995, que afectará a tódolos centros de traballo dos servicios veterinarios da Comunidade Autónoma, das

consellerías de Sanidade e Servicios Sociais, Agricultura, Gandería e Montes e Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dada a especificidade do persoal que resulta afectado pola presente convocatoria de folga, parece máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade xeral ó devandito persoal.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais, obriga á Administración autonómica de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos mencionados servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais coida conveniente, á hora de establece-los servicios mínimos para as folgas convocadas polo corpo de veterinarios oficiais, distinguir entre os diferentes postos que integran os servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública. Así:

-Para os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública, entende que os mínimos estarían compostos por tres inspectores nas zonas veterinarias que inclúen as grandes cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), dous deles localizaríanse na comarca veterinaria correspondente ó núcleo urbano e o terceiro nunha das comarcas veterinarias da zona, para cubri-las posibles incidencias que aconteceran durante os días de folga. Nas restantes oito zonas veterinarias quedarían dous localizados nas súas cabeceiras.

Estes inspectores cubrirían as necesidades da zona en canto a inspeccións diarias obrigadas por lei (salas de desfeita de carne, almacéns frigoríficos e matadoiros de escasa capacidade) e cantos imprevistos xurdisen.

-Para os inspectores veterinarios de Saúde Pública de matadoiro, a regulamentación vixente obriga a que nos matadoiros autorizados estea presente, polo menos, un veterinario que supervise as operacións de sacrificio neles. Aínda que moitos destes matadoiros necesitan, polo volume de sacrificio, máis de un veterinario, considérase conveniente que, para asegura-las condicións sanitarias da carne que se produza neses días, debe quedar en cada matadoiro un inspector veterinario.

-Para os inspectores veterinarios da Saúde Pública de lonxa, considérase que dos seis existentes, tres na Coruña e tres en Vigo, debe quedar polo menos un por cada lonxa nos días de folga, co fin de asegrura-la calidade sanitaria dos productos que nela se manexen, xa que a actividade non quedará interrompida pola folga.

Polo que atinxe ós servicios dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, cabe sinalar que os funcionarios dos servicios veterinarios oficiais están adscritos na súa totalidade a postos de traballo de «funcionario de inspección pesqueira», postos que dependen dos Servicios de Protección de Recursos, da subdirección xeral da mesma denominación.

Conforme o sinalado no artigo 1 do Decreto 211/1993, do 9 de setembro, polo que se adscribe o persoal do Servicio de Protección de Recursos á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a finalidade deste órgano é asegura-lo cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, e en consecuencia faise imprescindible o establecemento de servicios mínimos para mante-lo control do sector.

No referente ós servicios dependentes da consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento do servicio esencial responsabilidade da devandita consellería, afectado pola presente convocatoria de folga, e o desenvolvemento das súas funcións de sanidade animal, levadas a cabo mediante a rede de alerta sanitaria e de control das condicións epizootiolóxicas e sanitarias en feiras, mercados, así como en calquera outro tipo de concentracións de gando e de movementos pecuarios.

A este respecto debe resaltarse que nos días previstos de folga, se celebrarán feiras nas seguintes datas e localidades: o día 4 de maio en Carballo, Ordes, Friol, Mondoñedo, Taboada, Castro de Rei e Vila de Cruces; o día 10 en Santiago de Compostela, Bergondo, Neda, Quiroga, Castro de Rei e A Estrada e o día 11 en Lestedo, Moeche, Muxía, Ordes, Friol, Mondoñedo, A Pobra de Brollón, Verín, Dozón e Gondomar.

En consecuencia e de acordo co establecido no parágrafo 5º.2 do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Sanidade e Servicios Sociais, Agricultura, Gandería e Montes e Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada nos Servicios Veterinarios da Xunta de Galicia para os días 4, 10 e 11 de maio de 1995, no ámbito da Comunidade Autónoma, é o seguinte:

1º.1. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

1.1.A. Inspectores veterinarios de saúde pública.

Provincia: A Coruña.

Zona I: A Coruña.

Comarca: A Coruña. 2 inspectores na delegación provincial.

Comarca: Carballo. 1 inspector no centro de servicios múltiples.

Zona II: Santiago de Compostela.

Comarca: Santiago de Compostela. 1 inspector no centro de saúde de Conxo.

Comarca: Melide. 1 inspector no centro de saúde de Melide.

Zona III: Ferrol.

Comarca: Ferrol. 2 inspectores no ambulatorio Fontenla Maristany.

Zona IV: Noia.

Comarca: Noia. 1 inspector no centro de saúde de Lousame.

Comarca: Vimianzo. 1 inspector no centro de saúde de Laxe.

Provincia: Lugo.

Zona I: Lugo.

Comarca: Lugo. 2 inspectores na delegación provincial.

Comarca: Becerreá. 1 inspector no Centro de Saúde de Becerreá.

Zona II: Burela.

Comarca: Cervo. 2 inspectores no Hospital Comarcal da Costa.

Zona III: Monforte de Lemos.

Comarca: Monforte de Lemos. 2 inspectores no Centro de Servicios Sociais.

Provincia: Ourense.

Zona I: Ourense.

Comarca: Ourense. 2 inspectores na delegación provincial.

Comarca: Celanova. 1 Inspector no Centro de Saúde de Celanova.

Zona II: Verín.

Comarca: Verín. 2 inspectores no concello.

Zona III: O Barco de Valdeorras.

Comarca: O Barco. 2 inspectores no centro da OMIC.

Provincia: Pontevedra.

Zona I: Pontevedra.

Comarca: Pontevedra. 2 inspectores na delegación provincial.

Comarca: Cangas do Morrazo. 1 inspector na casa da cultura.

Zona II Vigo.

Comarca: Vigo. 2 inspectores no Concello.

Comarca: A Cañiza. 1 inspector no centro de saúde da Cañiza.

Zona III: Lalín.

Comarca: Lalín. 2 inspectores no centro de saúde de Lalín

1.1.B. Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros.

Provincia: A Coruña.

Zona I: A Coruña.

Un (1) Inspector en cada un dos seguintes matadoiros:

-Fricosa.

-Gadeca (Galega de Carnes).

-Cárnicas Vista Alegre.

-Carnicosa.

-CVSL (Cambre).

-A. R. Mallo.

-Montellos.

-Municipal de Carballo.

-Romero Rumbo e Apamasa.

Zona II: Santiago de Compostela.

Un (1) Inspector en cada un dos seguintes matadoiros:

-Campiñas de Laiño.

-Municipal de Santiago.

-Albino Costoya.

Zona III: Ferrol:

Un (1) inspector en cada un dos seguintes matadoiros:

-Municipal de Ferrol.

-Cantalarrana.

-Avícolas Santa Cecilia e Golpiño.

Zona IV: Noia.

Un (1) inspector no matadoiro municipal de Ribeira.

Provincia: Lugo.

Zona I: Lugo.

Un (1) inspector en cada un dos matadoiros seguintes:

-Saprocarne.

-Industrias Cárnicas Dapena.

-Frimisa.

-Frimiño.

-Frilea.

-Matadoiro Sada.

-Luavi e Sarria.

Zona II: Burela.

Un (1) inspector en cada un dos matadoiros seguintes:

-Matadoiro de Mondoñedo.

-Matadoiro de Ribadeo.

-Matadoiro de Viveiro.

Zona III: Monforte de Lemos.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Matadoiro de Monforte de Lemos.

-Frilusa.

Provincia: Ourense.

Zona I: Ourense.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Vaterga.

-Municipal de Ourense.

Magefrigor.

-Coren.

-Municipal de Carballiño.

-Matadoiro de Leiro.

Zona II: Verín.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Municipal de Verín.

-Municipal de Viana.

-Rubio.

Zona III: O Barco de Valdeorras.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Abella.

-Municipal da Pobra.

Provincia: Pontevedra.

Zona 1: Pontevedra.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Municipal de Pontevedra.

-Avícola de Galicia.

-Municipal de Arousa.

-Avícola Otrés e Centravi.

Zona II: Vigo.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Frigolouro.

-Avícola Agrovi e Avícola Louriña.

-Baixomiño.

-Avícola Avigan.

-Macomusa.

Zona III: Lalín.

Un (1) inspector por cada un dos matadoiros seguintes:

-Matadoiro do Deza.

-Vila de Cruces.

-Lalinense.

-Bandeira.

-Cogal.

-Municipal da Estrada.

1.1.C. Inspectores veterinarios de saúde pública de lonxas.

Provincia: A Coruña.

Zona I: A Coruña.

Un (1) inspector na lonxa da Coruña.

Provincia: Pontevedra.

Zona II: Vigo.

Un (1) inspector na lonxa de Vigo.

1.2. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Un veterinario oficial por área veterinaria cada día de folga para o desenvolvemento das funcións de sanidade animal sinaladas no Decreto 200/1991, do 13 de xuño.

-Un veterinario oficial por cada unha das feiras e datas seguintes:

-Día 04.05.1995 en: Carballo, Ordes, Friol, Mondoñedo, Taboada, Castro de Rei e Vila de Cruces.

-O día 10.05.1995 en: Santiago de Compostela, Bergondo, Neda, Quiroga, Castro de Rei e A Estrada.

-O día 11.05.1995 en: Lestedo, Moeche, Muxía, Ordes, Friol, Mondoñedo, A Pobra de Brollón, Verín, Dozón e Gondomar.

1.3. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Na Delegación Territorial da Coruña un (1) funcionario de Inspección Pesqueira.

-Na Delegación Territorial de Pontevedra, en Vigo, un (1) funcionario de Inspección Pesqueira.

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será designado polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, no suposto relativo á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e polos delegados provinciais nos supostos das consellerías de Sanidade e Servicios Sociais e Pesca, Marisqueo e Acuicultura, publicándose os nomes dos designados nos taboleiros de anuncios de cada área veterinaria e nos respectivos centros de traballo segundo proceda.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable a este persoal.

Artigo 4º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA