Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias 11/1995, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Maricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO

Expediente: 11/1995.

Denunciado: José Luis Cadahia González.

DNI nº: 34.225.294.

Último enderezo coñecido: S. Isidoro, 50, Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 8 de febreiro de 1995, no vehículo matrícula C-2938-AT, seis cabezas de gando bovino, carecendo do documento de rexistro do vehículo, do carné de tratante e da autorización oficial de traslado.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 52, 195 e 196 do Regulamento de epizootias e artigos 1 e 3 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15-12-1994).

Precepto sancionador: 215 e 212.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 15 de marzo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo