Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias 297/1994, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15), días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial,sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO

Expediente: 297/1994

Denunciado: Alfredo Moreño Cortiñas.

DNI nº: 5.397.576.

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, 160, Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 6 de novembro de 1994, no vehículo matrícula AB-9315-F, dúas reses de gando cabalar, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 32.

Precepto sancionador: 212.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas.

Lugo, 15 de marzo de 1995

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo