Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 21 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 259/1994, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 259/1994.

Denunciado: César Martínez Folgueira.

DNI nº: 33.311.708.

Último enderezo coñecido: r/ Poeta Aquilino Iglesias, 18-3º B, Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 4 de outubro de 1944, no vehículo matrícula LU-7563-G, vinte cabezas de gando ovino de tres anos de vida, carecendo de Guía de Orixe e Sanidade Pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52.

Precepto sancionador: artigo 217.3º.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 ptas.

Lugo, 21 de marzo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo