Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa, da obra de clave PO-08-07-95/603.

Obra.

Reparación da liña, da iluminación no porto do Grobe.

Clave: PO-08-07-95/603.

Orzamento: tres millóns cento dezaseis mil catrocentas cincuenta e tres (3.116.453).

Clasificación: grupo 1, subgrupo 1, categoría a.

(Declarada urxente segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

Para o feito de proceder a denvandita contratación, convídase ás empresas interesadas a presenta-las propostas económicas para a execución da obra citada.

O proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentos relativos á contración da obra a que se refire o presente anuncio poderán examinarse na Dirección Xeral de Obras Públicas, edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en horas de oficina. As propostas presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo de presentación das ofertas rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás 10 horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1995.

(P.D. 25-10-1983)

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas