Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, do proxecto e construcción da obra que se cita (clave CC/LU/95.2).

A) Obra.

Ampliación do paso inferior da estrada das Gándaras baixo a nova vía Ponte Romai-O Ceao en Albeiros.

Clave: CC/LU/95.2.

Orzamento: oitenta e tres millóns trescentas sete mil cento corenta pesetas (83.307.140 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo, 2, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: 1.666.143 ptas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do trixésimo día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicíóns.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda