Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras que se citan (clave 0H.532.275 e tres máis).

A) Obras.

-Abastecemento e saneamento en Parada e Casares (Amoeiro-Ourense).

Clave: 0H.532.275.

Orzamento: vinte millóns cento setenta e tres mil novecentas catorce pesetas (20.173.914).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 403.478 ptas.

-Abastecemento e rede de sumidoiros en Pazos, Regueira e outros (San Cristovo de Cea-Ourense).

Clave: OH.532.276.

Orzamento: vintetrés millóns corenta e oito mil seiscentas noventa e cinco pesetas (23.048.695).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 460.974 ptas.

-Saneamento e abastecemento en Niñodaguia-Terminación (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Clave: 0H.532.278.

Orzamento: vintenove millóns novecentas dúas mil novecentas vintenove pesetas (29.902.929).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 598.059 ptas.

-Captación de auga potable e melloras estructurais. (Calvos de Randín-Ourense).

Clave: 0H.532.279.

Orzamento: vintecinco millóns oitocentas trinta e oito mil cincocentas oito pesetas (25.838.508).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 516.770 ptas.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979, e unha fianza definitivá equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica fórmulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda