Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (70/1995).

En virtude de proposta de resolución conformada por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de esta cidade, coñecendo en autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 70/1995, a instancia de Josefa Mos Rey, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, a medio da presente cédula emprázase o esposo demandado, Manuel Queiruga Romero, maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte dias, compareza en autos, constituíndose en parte, e conteste a demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións cás sinaladas pola lei.

Fáiselle saber que as copias de demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretariá deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Santa Uxía de Ribeira o trece de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA