Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (50/1995).

En virtude do acordado pola xuíza deste xulgado Isabel Lado López no xuízo de menor contía número 50/1995, seguido por instancia de María Calvo Calvo contra Gustavo García Vila, José Vila Pazos, Carmen García Vila, Maximino Caamaño Gómez, Manuel Souto Pazos e persoas descoñecidas e incertas sobre deslinde e amolloamento, pola presente cédula emprázase a José Vila Pazos, ausente en paradoiro ignorado, e as demais persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no asunto, para que no improrrogable prazo de dez días compareza en forma nos autos por medio de procurador que o represente en legal forma, baixo apercibimento de que se non o verifica no prazo indicado continuará o xuízo na súa rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira, quince de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado