Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (46/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de divorcio seguidos neste xulgado baixo o número 46/1995, por instancia de Mª Divina Casanova Rey, representada por Raniero Fenández. Pérez, por esta cédula emprázase a Laurindo Tavares Saraiva, en paradoiro ignorado, para que no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, defendido por letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento de que, de non facelo, será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen volvelo oír nin citar, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira, vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado