Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (93/1994).

Eu, secretaria, Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 93/1994, seguido por instancia de Banco Pastor, S.A.,contra Manuel Vázquez López e, Ana María Rodríguez Iglesias, declarados en rebeldía e en paradoiro descoñecido, no cal se dictou sentencia cunha decisión que di literalmente:

«Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a manuel Vázquez López, e Ana María Rodríguez Iglesias, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.578.129 pesetas, importe de principal e 850.000 pesetas orzadas para comisión e xuros pactados ata a data invocada, e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto en Arzúa, 9 de marzo de 1995.

Rubricado