Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.158

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1995, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, pola que se resolve o concurso convocado por acordo do 11 de outubro de 1994, para a provisión de catro postos de traballo vacantes nesta institución.

Convocado concurso de provisión de catro postos de traballo por acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 11 de outubro de 1994 (DOG nº 208, do 27-10-1994), corrección de erros (DOG nº 229, do 28-11-1994), esta, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar no taboleiro de anuncios deste organismo a relación de funcionarios admitidos ó concurso coa valoración final obtida por cada un deles pola orde de prioridade correspondente para a adxudicación dos postos de traballo, así como a relación de excluídos polos motivos que para cada caso se indican.

Segundo.-Resolve-la adxudicación dos ditos postos de traballo, contidos no anexo desta resolución.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se o destino anterior se encontra na mesma localidade cá do novo destino e de un mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da presente resolución no DOG.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da alta.

Cuarto-Contra a presente resolución cabe interpor recurso ordinario perante o Pleno do Consello de Contas no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1995.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia