Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación infantil.

De conformidade co Decreto 199/1994, do 16 de xuño, que establece as competencias do Servicio Galego de Saúde, é responsabilidade da Dirección

Xeral de Saúde Pública a elaboración e xestión dos programas de prevención de enfermidades.

Por isto, e dado o interese que para a millora do estado de saúde da poboación infantil ten a prevención de certas enfermidades para as que existen productos de vacinación de demostrada eficacia e efectividade; da necesidade de mante-las recomendacións de vacinas e pautas de vacinación actualizadas segundo os avances dos coñecementos dos niveis de seroprevalencia dos anticorpos frente ós axentes obxecto da vacinación; o desenvolvemento da biotecnoloxía e a aparición de cambios ecolóxicos na flora bacteriana, e seguindo as recomendacións ó respecto feitas polo Comité Asesor das Enfermidades Inmunoprevenibles na súa reunión do 9 de marzo de 1995.

DISPOÑO:

Primeiro.-O programa de vacinación infantil comprenderá a prevención mediante inmuprofilaxis activa de:

-Hepatite B.

-Poliomielite.

-Tétano.

-Difteria.

-Tose ferina.

-Xarampón.

-Rubeola.

-Parotidite.

Segundo.-As pautas de vacinación segundo as vacinas serán as seguintes:

1) En nenos non vacinados anteriormente a pauta de vacinación ós 12 anos é de 3 doses, as dúas primeiras cun intervalo de un mes e a terceira ós seis meses da primeira (0,1,6).

2) Recoméndase aplicar unha dose de recordo cada 10 anos.

3) Neste momento recoméndase poñer unha dose de recordo ós 6 ou ós 11 anos tanto en nenos como en nenas.

Non obstante, dada a ampla flexibilidade que neste momento permite a aplicación e combinación das vacinas, considérase necesario recoller algunha das opcións de pautas de vacinación que demostren igualmente a súa eficacia, como orientación para o persoal sanitario que debe adopta-la decisión de elixir o momento adecuado de vacinación segundo as características particulares dos nenos/as, tal como se expresa a continuación:

a) O intervalo mínimo entre a 1ª dose de VHB e a 2ª debe ser de un mes. Pode iniciarse nos neonatos ou no primeiro mes de vida. A 2ª dose pode ser aplicada igualmente ó cumprir o mes se foi vacinado nas 24 horas de vida ou coincidindo e o 2º mes ca primovacinación da DPT e da polio.

b) A dose de recordo dos seis anos pode ser realizada ca vacina trivalente DTP ou ca DT nos casos en que o pediatra o estime.

c) Nos casos en que debe substituírse a vacina oral (Cepa Sabin) fronte ós virus da poliomelite pola vacinación inxectable (Cepa Salk) a pauta de vacinación, é a mesma.

d) A lª dose da vacina triple vírica (fronte ó xarampón, a rubéola e a parotidite) pode adiantarse ós 12 meses. No caso de que a situación epidemiolóxica aconselle a vacinación antes dos 12 meses é necesario vacinar ós 15 meses. Neste momento recoméndase poñer unha dose de recordo ós 6 ou ós 11 anos tanto en nenos como en nenas.

Terceiro.-Se as circunstancias o aconsellan, esta consellería disporá a incorporación de novas vacinas ou a substitución das existentes por combinacións ou novas preparacións de vacinación que colaboren na mellora permanente do estado da saúde dos nenos/as de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Francisco Villar García Moreno

Director xeral de Saúde Pública