Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (306/1989-02).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 306/1989, promovidos polo procurador Barreiro Femández, en nome e representación de Francisco Montero Godines contra Manuel Quintas Seoane e María Josefa Vidal Junco, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas os seguintes predios en tres lotes:

1. Casa número 12 da rúa López Ferreiro de Santiago de Compostela, con terreo a xardín anexo unido, ocupando a casa e xardín a superficie duns douscentos metros cadrados. Lindeiros: norte, rúa López Ferreiro; dereita entrando, oeste, xardín da casa número 10 da mesma rúa; esquerda, ó leste, casa número 14 da própia rúa; costas, sur, xardín da casa número 11 da rúa Eduardo Pondal. Inscrición: inscrita no Rexistro de Propiedade de Santiago de Compostela, tomo 546, libro 213, folio 75, predio número 9304, inscrición terceira. Valorada en 26.800.000 pesetas.

2. Unha sexta parte indivisa do predio seguinte: local comercial, que é planta baixa visto o edificio desde a rúa Santo André e semisoto visto desde a entrada de Noia a Ribeira. Superficie útil aproximada, centro cincuenta metros cadrados. Ten, acceso directo desde a citada rúa Santo André, independente do portal que llo dá ás vivendas. Lindeiros: norte, rúa Santo André e escaleiras; sur, subsolo da estrada de Noia a Ribeira; leste, de Arturo Romero; oeste, de Antonio González Pena e Josefa Carballal Romero e portal, corredor e escaleira: cota 14%. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 587, libro 86, folio 16, predio 6899, inscrición primeira. Valorada en 268.000 pesetas.

3. Vivenda primeira dereita da planta alta da súa denominación, que ocupa a parte norte do inmoble. Superficie útil aproximada, oitenta metros cadrados. Ten acceso directo desde a rúa Santo André, a través do portal. Lindeiros: norte, rúa Santo André; sur, patio de luces, escaleira e predio número 4; leste, de Arturo Romero; oeste, dos esposos Antonio González Pena e Josefa Carballo Romero. Élles anexo un rocho no faiado baixo cuberta, sinalado coa inscrición primeiro dereita. Cota 11 %. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 587, libro 86, folio 24, predio número 6901, inscrición primeira. Valorada en 2.680.000 pesetas.

A poxa terá lugar o día 8 de xuño, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado ó prezo taxado da escritura de constitución de hipoteca, que é de vinteseis millóns oitocentas mil pesetas para o primeiro lote, duascentas sesenta e oito mil pesetas

para o segundo lote e dous millóns seiscentas oitenta mil pesetas para o terceiro lote. Non concorrendo ofertantes, sinálase para a segunda o día 12 de xullo ás 12 horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; non habendo postores na segunda sinálase para a terecira o día 20 de setembro ás 12 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade das valoracións antes indicadas, que é o tipo pactado na mencioanda escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos ó 20 por 100 do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse coa condición de cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto con el o resgardo acreditativo de efectua-la consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están ó dispor do público na secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leve a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da Lei de axuizamento criminal, de non ser encontrado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, vinteoito de marzo de mil novccentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA