Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995 pola que se convoca concurso para a subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Obxecto: subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Orzamento: 6.000.000 de ptas.

Fianzas provisional e definitiva: non se esixen.

Prazo de execución: sete meses.

Proposicións: o licitador presentará a seguinte documentación na Sección de Patrimonio e Contratación, en horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG ou BOP.

Sobre A: oferta económica,. axustada ó seguinte modelo:

Don/Dona.... con domicilio para os efectos de notificación en..., rúa.... nº..., teléfono.... con DNI (ou pasaporte ou documento que o subtitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en nome e representación de .... DNI ou, CIF nº.... e con domicilio en...., rúa...., nº .... teléfono ... ), toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado con data do... para a subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña, e fai constar que coñece e acepta as súas bases e que se compromete a realiza-la subministración con suxeición ás referidas bases, ata o orzamento máximo establecido no prego de cláusulas administrativas (6.000.000 de ptas.), ofrecendo un desconto do... %, sobre o prezo oficial de venda ó público en cada libro subministrado á deputación.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Sobres B e C coa documentación esixida na cláusula 8 do prego de condicións.

Apertura de plicas: terá lugar no pazo provincial ás 12 horas do día seguinte hábil ó que se sinale como derradeiro para a admisión de plicas.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario