Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47 do 8-3-1995.

De conformidade co establecido no Regulamento de provisión de postos de traballo aprobado por acordo plenario desta corporación do 24-4-1992, e por proposta das respectivas comisións de valoración designadas para o efecto, segundo as actas das súas reunións que figuran no respectivo expediente resolvo, designa-los funcionarios que de seguido se expresan para cubri-los postos de así mesmo se indican, segundo a convocatoria do concurso específico de provisión de postos de traballo publicada no Diario Oficial de Galicia nº 47 do 8-3-1995:

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir do da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta presidencia conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Alamau Supervia

Secretario