Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995 pola que se convoca concurso de solucións técnico-económicas para a modernización e ampliación da rede de comunicacións da Universidade da Coruña.

Tendo como obxectivo esta universidade a realización dunha rede de comunicacións de alta capacidade que una os distintos campus e edificios da mesma, considera conveniente convocar un concurso que permita a elaboración dun prego de condicións técnicas para sacar a concurso de adxudicación todas

ou parte das obras e instalacións conducentes á súa implantación.

BASES

Primeira.-Entidade convocante.

Convoca o presente concurso a Universidade da Coruña.

Segunda.- Obxecto do concurso.

A través del preténdese elixi-las solucións más axeitadas para a realización dunha rede de comunicacións de alta capacidade, con requirimentos técnicos e prestacións que se indican no apartado 8 destas bases.

Terceira.-Tipo de concurso.

De ámbito nacional.

Cuarta.-Concursantes.

Poderán participar neste concurso as empresas ou asociacións de empresas, os profesionais, de forma individual ou formando equipo. Tamén poderán participar grupos pluridisciplinares. En calquera caso, deberán relacionarse os nomes, titulacións e experiencia dos profesionais que interveñan na elaboración do estudio, debendo participar no mesmo como mínimo un enxeñeiro de telecomunicacións ou licenciado en informática. Cada profesional só poderá participar de forma individual ou en calquera das modalidades de concursantes, en un só estudio.

Cada concursante poderá presentar unha ou varias alternativas.

Quinta.-Participación no concurso.

A documentación para participar neste concurso presentarase no prazo de tres meses contados desde o seguinte ó día en que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución rectoral de convocatoria de concurso.

A documentación presentarase no rexistro xeral da universidade ben persoalmente ou por envío certificado e de acordo co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común número 30/1992, do 26 de novembro, dirixidos a: Rectorado da Universidade da Coruña, Paseo da Maestranza, s/n, 15001 A Coruña.

No sobre lacrado e selado farase consta-la frase «Concurso de solucións técnico-económicas para a modernización e ampliación da rede de comunicacións da Universidade da Coruña».

O sobre conterá a seguinte documentación:

a) Instancia dirixida ó rector na que se fará consta-lo nome da empresa ou unión de empresas, nome e apelidos do concursante, se o fai a título individual, ou de tódolos que o fagan en grupo, indicando a persoa responsable; así como as titulacións e currículum de tódolos profesionais que participan na elaboración do estudio.

b) Enderezo postal, para efectos de notificacións e número de teléfono de contacto.

c) Declaración xurada na que se faga constar que ningún dos profesionais que vaian intervir no concurso está comprendido en prohibición nin incompatibilidade legalmente establecida.

d) Memoria que recolla os requisitos técnicos e prestacións mínimas que se reseñan na base oitava.

Sexta.-Xurado.

O xurado estará constituído por:

a) Presidente: o rector.

b) Vocais:

-A vicerrectora de Investigación.

-A vicerrectora de Planificación e Desenvolvemento Estatutario.

-O director dos Servicios Informáticos de Apoio á Investigación.

-O director dos Servicios Informáticos de Xestión.

-O profesor José Mª Domínguez Legaspi.

-O profesor Manuel Casteleiro Maldonado.

c) Secretario: o xerente da universidade.

O xurado poderá solicita-los asesoramentos técnicos que considere oportunos.

O feito de presentarse o concurso implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

As decisións do xurado esgotarán a vía administrativa.

Sétima-Documentación e información necesaria para a realización do traballo.

A documentación e información necesaria para a realización do traballo figura como anexo 1 a esta resolución e os interesados poderán solicitala da Xerencia da Universidade, Servicio de Xestión Económica (Paseo da Maestranza, s/n, 15001 A Coruña).

Oitava-Requirimentos técnicos e prestacións.

Os requirimentos técnicos e prestacións que deberá cumprir serán os seguintes:

a) Integración dos servicios de voz, datos e vídeo de calidade profesional na mesma rede.

b) Incorporación das últimas tecnoloxías desenvolvidas nestes campos.

c) Instalación e cableado horizontal de voz e datos a nivel V nos edificios que non dispoñen da correspondente rede.

Este cableado cubrirá minimamente, para tódolos edificios da universidade os puntos seguintes:

-Unha terminación para voz e datos por despacho individual e tantas como mesas de traballo nos non individuais.

-Dúas terminacións de voz e datos por aula, unha na parte anterior e outra na parte posterior.

-Tantas terminacións de datos como postos de traballo en laboratorios de informática, idiomas, logopedia, ou similares características.

-Dúas terminacións de voz e datos en laboratorios non informáticos, unha en cada extremo.

-Tomas de voz e datos nas bibliotecas.

-Tomas de voz e datos nos servicios administrativos, polo menos unha por mesa e en tódolos despachos de dirección.

d) Cableado troncal completo en fibra tanto en redes de área local como de área metropolitana, a súa estructura e titularidade (propiedade ou alugueiro, a especificar razoadamente) garantirán o servicio correcto da instalación a longo prazo nas condicións técnico-económicas máis vantaxosas.

e) Enlace entre áreas metropolitanas (A Coruña-Ferrol-A Coruña-Oleiros) de tipo e titularidade que garantan os obxectivos da instalación a longo prazo nas condicións técnico-económicas máis vantaxosas.

f) A rede de datos debe ser capaz de soportar varios canles virtuais.

g) Rede de voz. Con garantía de xestión única centralizada, aínda no caso de contempla-la integración de equipos de diferentes fabricantes. Garantirase a súa total compatibilidade coa rede pública.

h) Valoraranse as alternativas que permiten a súa execución por fases, e que estas sexan operativas no maior grao de prestación de servicios.

i) Valorarase a aportación dun estudio sobre a seguridade da rede.

Novena.-Condicións que cumprirán os concursantes.

Cada concursante aportará a documentación que coide oportuna para xustificar de xeito fidedigno a viabilidade da solución aportada, cos posibles subministradores de equipos e servicios. Así mesmo indicará os custos anuais de mantemento dos servicios coa correspondente revisión anual, se a houbera, os tempos de restablecemento do servicio, no caso de rotura da fibra e a posibilidade de establecer camiños alternativos perante unha continxencia imprevista (preténdese con isto que, á hora da redacción do correspondente concurso, non xurdan inconvenientes de implantación da solución aceptada).

Os prezos desagregaranse ó máximo nivel para facilita-la avaliación final das ofertas.

Décima.-Premios. Establécense os seguintes premios:

-Primeiro premio de 3.000.000 de pesetas.

-Segundo premio de 2.000.000 de pesetas.

-Terceiro premio de 1.000.000 de pesetas.

O xurado cualificador non poderá declarar deserto a totalidade dos premios.

Décimo primeira.-Titularidade.

As solucións premiadas pasarán a ser propiedade da Universidade da Coruña. Á hora do correspondente concurso público para a implantación da rede, poderanse refundir varias das solucións premiadas,

ou ben adoptar calquera outra solución alternativa co fin de consegui-la solución óptima que cubra as necesidades propias da Universidade da Coruña. As solicitudes non premiadas serán devoltas ós concursantes a solicitude dos mesmos.

Décimo segunda-Entrega de documentación en soporte magnético.

As solucións premiadas deberán aportar copia da memoria en soporte magnético en formato TXT, WORD ou WORDPERFECT.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña