Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público polo procedemento de urxencia para a contratación das obras de remodelación do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo), terceira fase.

Obra: remodelación do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo), 3ª fase.

Orzamento de contrata: 80.451.660 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

Fianza definitiva: 3.218.066 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Inversións) ou nas direccións xerais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14.00 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación a presentar polos licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que se rixe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10.00 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións tenrá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995

P.D. (Decreto 199, 16/6/1994)

Antonio Carbaxo Romero

Director xeral de Asuntos Económicos