Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se propón a publicación da proposta de resolución do expediente sancionador OUR-10-94, por infracción administrativa, ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación persoal da proposta de resolución, e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ó interesado a seguinte proposta de resolución a Elda Sampaio Pardo, titular do establecemento Bar Caldas-13, sito na rúa Caldas nº 13 de Ourense; número de expediente OU-10-94; preceptos infrinxidos artigos 20 e 21.1º do Decreto 374/1986, modificado este último polo artigo 29.1º, da Lei 7/1991, por non te-las correspondentes autorizacións administrativas e boletín de instalación na máquina recreativa, que se sanciona polo artigo 31 e 32 da Lei 14/1985. Sanción proposta 10.000 ptas. (dez mil pesetas).

Faise saber que contra esta proposta de resolución que non esgota a vía administrativa, poderá a interesada formula-las alegacións que coide oportunas no prazo de oito días hábiles a partir do día seguinte o da súa publicación neste diario, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de xogos de sorte, envite e azar.

Ourense, 22 de marzo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense