Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación número 2/1995, poxa de obras con admisión previa.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Exposición de pregos e proxectos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo de Monelos, praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposición: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE e rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial e na forma legalmente establecida.

Documentación a presentar polos licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 12 horas do noveno día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria de Cerceda, Cebreiro, O Pino, A Coruña, C-95072 X-3401.

Orzamento: 298.563.495 ptas.

Prazo de execución: vintecatro meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria na zona de Beigondo, Santiso (A Coruña), C-95073 X-3180.

Orzamento: 67.870.288 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria da zona de San Vicente de Ribadulla, Santiso (A Coruña), C-95078 X-2818.

Orzamento: 42.876.369 ptas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

-Título proxecto: camiños da zona de Lourido, Sequeiro, Valdoviño (A Coruña), C-95079 X-3145.

Orzamento: 128.470.450 ptas.

Prazo de execución: dezasete meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria de Papucín, Frades (A Coruña), C-95080 X-3213.

Orzamento: 109.571.471 ptas.

Prazo de execución: dezasete meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

A Coruña, 21 de abril de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña