Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, da Consellería de Cultura, pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras do proxecto básico e de execución do edificio de planta baixa, planta de andar e aproveitamento de baixo cuberta para a casa de cultura en Portas (Pontevedra); obras de reparación da cuberta da igrexa de Sta. María a Maior de Ourense, e obra do proxecto do auditorio nas Neves (Pontevedra).

A Consellería de Cultura convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: obra do proxecto básico e de execución do edificio de planta baixa, planta de andar e apro

veitamento de baixo cuberta para a casa de cultura en Portas (Pontevedra).

Orzamento: 49.275.648 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo, 4 e 5, categoría C.

Fianza provisional: dispensada.

Obras de reparación da cuberta da igrexa de Santa Mª a Maior en Ourense.

Orzamento: 11.838.309 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Fianza provisional: dispensada.

Obra do proxecto do auditorio: nas Neves (Pontevedra).

Orzamento: 79.867.001 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Fianza provisional: dispensada.

Documentación de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na Secretaría Xeral Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura (edificios San Caetano) ou en calquera das súas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura (edificios de San Caetano), en sobre pechado, e por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. As proposicións axustaranse ó modelo establecido, que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares, como anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 48 02 ou telegrama no mesmo día.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Apertura de proposicións: serán abertas pola Mesa de Contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, e se este coincidise en sábado ou festivo deixarase para o primeiro día hábil seguinte, na sede do órgano contratante.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores poderanse presentar a un número calquera das obras anunciadas. No caso de se presentar a máis de unha, a documentación de carácter xeral poderase presentar no sobre dunha delas, indicándoo nos sobres A e B das demais obras.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1995.

Rubén V. Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura