Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/25-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: reforma do C.T. Goente 1, ampliación a 250 kVA.

Situación: Goente-As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: reforma do C.T. Goente I e ampliación de potencia a 250 kVA, a 15/20 kV. Concello das Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña, en funcións