Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 95/19-2-Libro de rexistro: 4274 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación na parroquia de Lindín.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 42 e 378 metros de lonxitude con conductor LA-56 de 55 mm de sección. Apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 100 e 50 kVA, 20.000/380-220 V en torre metálica ó final da liña L.M.T. nos lugares de Caxido e A Rúa. Liñas de baixa tensión, en conductores R.Z.-95-50-25, con apoios de formigón ou grapados en fachadas, que alimentarán os lugares de Caxido, Castro, Barral de Cima e a Rúa, no concello de Mondoñedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo