Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de marzo de 1995 pola que se anuncia o concurso público número 7/1995, declarado de urxencia, para a asistencia técnica relativa ó control dos expedientes das tres universidades galegas tramitados na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a programación do investimento nelas.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 69, do 7 de abril de 1995, cómpre a súa corrección:

Na páxina 2.710, onde di: «Apertura de proposicións económicas: mércores, 26 de abril de 1995 a partir das 10 horas», debe dicir: «Apertura de proposicións económicas: martes, 2 de maio de 1995 a partir das 10 horas».