Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 1995 pola que se regula a concesión de axudas económicas por parte dos padroados provinciais para a mellora do medio rural.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, dentro da súa liña de colaboración coas entidades privadas para contribuír á mellora do medio rural, regula por medio da presente orde as condicións e requisitos de carácter xeral ós que deberán axustarse os padroados provinciais para a mellora do medio rural, regulados polo Decreto 218/1987 e 429/1987 en canto ós seus fins, composición e réxime económico.

En consecuencia, e para os efectos de establecer un marco normativo xeral que conteña os criterios para a actuación dos mencionados padroados como órganos ós que lles corresponde a concesión das axudas reguladas pola presente orde,

DISPOÑO:

Primeiro.-A Consellería da Presidencia e Administración Pública transferirá ás súas delegacións provinciais, con destino ós padroados provinciais para a mellora do medio rural, con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.780.00, a cantidade total de setenta millóns de pesetas (70.000.000 de ptas.), que constituirán os fondos do presente exercicio eco-

nómico dos que disporán os referidos padroados para que estes concedan as axudas económicas orientadas á consecución dos sesu fins, con suxeición ó que prescribe o Decreto 218/1987, do 23 de xullo, e do disposto na presente orde.

Segundo.-Para os efectos desa orde, as axudas serán das seguintes modalidades:

1. Subvencións: constituídas por cantidades non reintegrables.

2. Anticipos: cantidades reintegrables sen xuros.

Terceiro.-Os peticionarios poderán solicitar subvención e anticipo para o mesmo proxecto, e especificarán a cantidade por cada modalidade, sen que en ningún caso o total da axuda concedida poida sobrepasa-lo 75% do orzamento total.

Cuarto.-Poderán solicitar axudas:

1. As persoas xurídicas de ámbito privado cando nos seus estatutos se recoñezan fins relacionados co desenvolvemento comunitario e co medio rural.

2. As agrupacións constituídas, polo menos, por tres persoas maiores de idade.

Quinto.-As solicitudes, conforme o modelo e anexos que figuran na presente orde, presentaranse nas delegacións provinciais da consellería ou por calquera dos procedementos sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de un mes a partir do día seguinte á publicación da presente orde no DOG.

Sexto.-Polo que respecta ás solicitudes, os peticionarios deberán ter presente:

1. Agrupacións: se carecen de personalidade xurídica deberán cita-los nomes, apelidos e DNI das persoas que constitúen o órgano de dirección e xestión, que non será inferior a tres.

2. Agrupacións veciñais: a responsabilidade solidaria e mancomunada dos peticionarios farase constar expresamente.

Sétimo.-Co obxecto de aplicar criterios de obxectividade na concesión, os padroados considerarán preferentes, e por esta orde, os seguintes:

1. Ruralidade do núcleo.

2. Carencia de medios económicos e imposibilidade ou probada dificultade de obter canles de financiamento por outros medios.

3. Finalización ou mentemento das obras xa iniciadas, financiadas polos padroados ou por outras vías.

4. Repercusión das obras en canto ó número dos seus beneficiarios ou necesidades daqueles en relación cos núcleos de poboación a que se destinen.

Oitavo.-Os padroados, a través das respectivas delegacións provinciais, xustificarán o emprego das cantidades transferidas por esta consellería median

te certificación de acta das sesións plenarias nas que se resolveu a concesión de axudas, con expresión de todos e cada un dos beneficiarios, da cantidade concedida e do obxecto da concesión.

A dita certificación deberá presentarse nestá consellería antes do 15 de outubro de 1995.

Ó mesmo tempo, a resolución correspondente deberalles ser notificada polos padroados provinciais a tódolos solicitantes, transcorridos 3 meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Esgotado o dito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente (artigo 43.2º c)), a contrario sensu, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Nos aspectos non contidos na presente orde, haberá que aterse ó disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e no artigo 35 da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1995.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública