Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.116

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 112/1995, do 31 de marzo, sobre medidas de protección de menores e a adopción.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º atribúelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

Con base nesa atribución competencial aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, na que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais, e na que se establece no seu artigo 26.8º como unha competencia propia da Comunidade Autónoma a protección e tutela dos menores que se atopen en situación de desamparo.

O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura e competencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, atribúelle a esta consellería e a través da Dirección Xeral da Familia a xestión da política autonómica en materia de acción social no sector da familia, infancia e menores, así como a protección e tutela dos menores desamparados nos termos establecidos na lexislación específica.

Trala publicación da Lei estatal 21/1987, do 11 de novembro, que modificaba determinados artigos do Código Civil e da Lei de axuizamento civil en materia de adopción e na que se atribuían determinadas competencias ás entidades públicas sobre tutela e garda dos menores en situación de desamparo, a Comunidade Autónoma de Galicia asumiu as ditas atribucións que se concretaron no Decreto 196/1988, do 28 de xullo.

Ante a conveniencia de regulamentar máis explicitamente as distintas formas de exercicio das funcións protectoras, e a crecente necesidade de lle dar mellor resposta á variedade de situacións de feito que na atención de menores se producen, convense na oportunidade de -tras seis anos de experiencia- elaborar unha nova normativa que dea resposta a tales esixencias e que se axuste máis á realidade social.

Así, no capítulo I do decreto recóllese, como novidade inicial, unha relación dos principios rectores que no exercicio das funcións públicas sobre protección de menores debe enmarcar e inspirar toda actuación administrativa, así como as necesarias liñas de coordinación nesta materia coas entidades locais, tanto no eido da prevención como no referente á aplicación e seguimento das medidas de integración familiar, sempre dentro do marco competencial establecido pola Lei galega de servicios sociais de 1993 e a lexislación básica de réxime local.

Respecto á adopción, preséntanse dúas novidades importantes: a creación da Comisión de Adopcións como órgano de apoio á Dirección Xeral da Familia, con competencias no seguimento do procedemento regulador da adopción; e a esixencia da formalización do acollemento preadoptivo como requisito previo á presentación da proposta de adopción ó

órgano xudicial competente, como unha garantía máis da idoneidade da proposta ó estar avalada pola previa integración do menor na nova familia.

Por último, e co fin de que o decreto sirva como instrumento de traballo operativo, explicítanse algunhas cuestións xa recollidas noutras disposicións, tales como a regulamentación das relacións do menor cos seus pais e familiares e a obriga da entidade pública de face-lo inventario dos bens do menor tutelado.

E por todo o anterior polo que, por proposta da conselleira de Familia, Muller e Xuventude, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º

A Xunta de Galicia exercerá a protección dos menores que residan ou se atopen transitoriamente en Galicia e asumirá a tutela dos que estivesen desamparados nos casos e termos establecidos pola lexislación vixente, e sen prexuízo das competencias que sobre eles lles poidan corresponder a outras administracións públicas.

A Xunta de Galicia promoverá, así mesmo, actuacións tendentes a garanti-los dereitos do menor e a diminuí-los factores de risco de desamparo ou marxinación.

Artigo 2º

Serán principios rectores no exercicio das funcións públicas sobre protección de menores:

1º.-A primacía do interese do menor sobre calquera outro.

2º.-O favorecemento da integración socio-familiar dos menores, procurando a permanencia no seu ambiente familiar e comunitario.

3º.-A promoción do desenvolvemento da autonomía, tanto do menor como da familia.

4º.-A globalización no estudio da problemática do menor e das medidas e programas preventivos e de intervención, actuando sobre as causas que orixinen o problema e tratando de evita-la desintegración familiar e social.

5º.-A xestión racional dos recursos normalizados, e a promoción da aplicación deles ó menor, optando polos especializados cando sexan imprescindibles.

6º.-O fomento da solidariedade e a sensibilidade social ante os problemas que afecten ós menores.

7º.-A coordinación das actuacións con cantos organismos e institucións públicas e privadas actúen na atención de menores, promovendo criterios comúns e velando polo cumprimento de toda a normativa

vixente especialmente nas ordes educativa, sanitaria, cultural e social.

En todo caso, o exercicio destas competencias suxeitarase ós principios rectores que en materia de servicios sociais se recollen na Lei galega 4/1993, do 14 de abril.

Artigo 3º

Correspóndelle á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral da Familia, e no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega, a realización dunha política social a prol do menor tanto na orde preventiva, como de protección propiamente dita.

No desenvolvemento desta política poderanse adoptar, entre outras, as seguintes medidas: tutela adininistrativa, garda, apoio ás familias, acollemento familiar, acollemento en institucións e proposta de adopción.

Artigo 4º

As competencias establecidas neste decreto serán exercidas polos correspondentes órganos da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

As delegacións provinciais, para o exercicio das súas competencias, terán baixo a súa dependencia os equipos técnicos do menor, que serán de carácter interdisciplinar e terán, entre outras, as seguintes funcións:

-A valoración da situación persoal e socio-familiar dos menores que poldan beneficiarse de calquera medida de protección.

-A elevación ó delegado provincial das propostas de actuación máis axeitadas para cada menor, así como o seguimento das medidas que fosen adoptadas.

-A execución dos programas preventivos e de intervención que elabore a Dirección Xeral da Familia.

-A supervisión do bo funcionamento e o asesoramento técnico ás institucións de atención a menores no seu ámbito de actuación.

-A valoración técnica da idoneidade dos solicitantes de acollemento familiar e adopción, e a elevación ó delegado provincial das correspondentes propostas.

Artigo 5º

Na súa intervención no eido da protección dos menores, a Administración deberá actuar coa conveniente reserva co fin de garanti-los dereitos do menor.

Artigo 6º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude actuará en coordinación coas entidades locais na prevención de situacións de risco para os menores, así como na aplicación e seguimento das medidas de integración familiar, de conformidade coas competencias que lles atribúe a Lei galega 4/1993, de servicios sociais, e a Lei de bases de réxime local.

Artigo 7º

Así mesmo, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá exerce-las responsabilidades de

protección dos menores a través das institucións de integración familiar que, tendo o seu domicilio no territorio da Comunidade Autónoma galega, estean expresamente habilitadas para isto.

As ditas entidades, constituídas conforme as leis que lles sexan aplicables, deberán de ser de carácter non lucrativo, teren entre os seus fins a protección de menores e disporen da organización e estructura suficiente e dos equipos pluridisciplinarios necesarios para cumpriren coas súas funcións. Así mesmo, someteranse ás directrices, inspección e control da autoridade que as autorice, e poderán intervir soamente en funcións de garda e mediación coas limitacións que expresamente, se sinalen.

CAPÍTULO II. DA PREVENCIÓN E APOIO Á FAMILIA

Artigo 8º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude desenvolverá con carácter prioritario unha política de prevención de situacións de risco de desprotección infantil, a través dos diferentes programas e recursos que se arbitren.

Artigo 9º

O apoio á familia será o principal recurso de carácter preventivo e dirixirase a cubri-las necesidades básicas do menor e mellora-lo seu ambiente familiar, co obxecto de garanti-lo seu dereito a permanecer, nel en condicións que permitan o seu desenvolvemento integral.

Este apoio poderá ser de tipo económico cando a causa determinante do risco para o desenvolvemento integral do menor proceda de situacións de carencia ou insuficiencia de recursos, ou educativo e asistencial cando sexa necesario facilitar ou restablece-lo exercicio responsable das funcións parentais, mellora-las relacións socio-familiares e promove-lo desenvolvemento e benestar do menor.

CAPÍTULO III. DA PROTECCIÓN

Sección 1ª-Da tutela dos menores desamparados.

Artigo 10º

A tutela administrativa dos menores desamparados prevista no artigo 172.1º do Código Civil será asumida e exercida pola delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que corresponda ó domicilio do menor.

Sen embargo, as delegacións provinciais poderán asumir provisionalmente a tutela dun menor en situación de desamparo que se atope transitoriamente no seu territorio, sen prexuízo de notificarllo á Administración pública competente na que tivese o seu domicilio o menor para que esta adopte as medidas protectoras que considere convenientes.

Artigo 11º

Os delegados provinciais cando tivesen constancia por calquera medio da existencia dun menor en situa

ción de desamparo, e logo da valoración polo equipo do menor dos feitos que concorran, dictarán resolución asumindo a tutela provisional do menor, que subsistirá en tanto non desaparezan as causas que a motivaron, se proceda á constitución da tutela ordinaria, o menor sexa adoptado, se emancipe ou chegue á maioría de idade.

A devandita resolución será motivada, indicando as causas que a onrixinaron así como as medidas que se acorde adoptar, e seralle comunicada ó Ministerio Fiscal no prazo máximo de 48 horas, e notificada debidamente ós pais, ó titor, ó gardador ou ós familiares que ultimamente convivisen co menor. Na mesma resolución deberáselles informar do dereito que os asiste de manifesta-la súa oposición á tutela administrativa, e a formaliza-la mesma perante a autoridade xudicial competente, sen prexuízo da formulación das reclamacións que procedan ante a Administración.

Artigo 12º

As medidas a adoptar, no exercicio da tutela provisional, para a protección dos menores tutelados, unha vez feita a valoración polos equipos técnicos e tendo en conta o interese do menor, poderán ser:

1ª.-A atención na propia familia do menor, mediante axudas de apoio psico-social, de índole persoal ou económica pola Administración.

2ª.-O acollemento do menor por unha persoa ou familia que poida substituír, de forma provisional, o seu núcleo familiar natural.

3ª.-O acollemento nunha institución de atención a menores ben durante o día ou en réxime de internado.

4ª.-O acollemento familiar preadoptivo.

5ª.-Calquera outra medida aconsellable, de carácter asistencial, educativo ou terapéutico, en atención ás circunstancias do menor.

En todo caso, procurarase, sempre que sexa posible, aplicar medidas que non comporten a separación do menor do seu fogar e do seu ambiente familiar.

Na adopción de calquera medida deberá ser oído o menor de máis de doce anos, e o de menos de doce se tivese suficiente coñecemento e fose posible.

Artigo 13º

Cando se trate de menores nos que concorra calquera das causas de incapacitación previstas no Código Civil, o delegado provincial promoverá ante a autoridade xudicial o oportuno proceso declarativo de incapacidade.

Artigo 14º

Calquera persoa ou entidade que teña coñecemento dunha situación de grave nisco ou de maltrato físico ou psíquico a un menor, deberá poñelo en coñecemento da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, sen prexuízo do deber de denuncia-lo feito se tivese carácter delictivo. Garantirase a reserva absoluta.

Artigo 15º

O menor separado dos seus pais terá dereito a relacionarse con estes, excepto se fose adoptado por outros ou cando así se acorde por resolución xudicial. No caso dun menor tutelado pola entidade pública, esta poderá regula-las condicións do exercicio dese dereito atendendo ó interese do menor, e se houbese oposición dos pais, resolverá o xuíz, oído o Ministerio Fiscal.

Se a gravidade da situación o require e o interese do menor o aconsella, a entidade pública poderá suspender cautelarmente o dereito de relacionarse cos seus pais comunicándollo inmediatamente ó fiscal e o xuíz competente, para que este resolva.

Respecto dos demais parentes e achegados, non poderán impedirse sen xusta causa as relacións persoais entre estes e o menor, de acordo co disposto no artigo 160 do Código Civil.

Artigo 16º

A asunción da tutela administrativa implicará a suspensión provisional do exercicio da patria potestade ou tutela ordinaria durante o tempo de aplicación da medida, sen prexuízo do que dispoña a autoridade xudicial competente.

Artigo 17º

A delegación provincial procederá a efectua-lo inventario dos bens do menor tutelado de acordo co establecido no Código Civil e adoptará as medidas que considere necesarias para a conservación dos seus dercitos sobre os mesmos, debendo procederse a comunicarllelo ás persoas que se indican no artigo 11, parágrafo 2º.

Artigo 18º

Naqueles casos graves e urxentes nos que fose necesaria unha intervención inmediata polo risco no que se atopan os menores, e os pais, titores ou os gardadores impedisen a execución da medida de protección acordada, a delegación provincial solicitaralle á autoridade xudicial a adopción das medidas necesarias para facela efectiva, sen prexuízo das intervencións inmediatas que se poidan producir de maneira directa, de estar en perigo a vida ou a integridade do menor.

Artigo 19º

Se o desamparo do menor se producise por causas de forza maior de carácter transitorio e existise vontade dos representantes legais de, superadas as causas, seguir exercendo as súas funcións parentais, e o órgano competente o estimase así, non será precisa a resolución formal que o aprecie e, por solicitude dos pais ou titores, exercerase só a garda mentres se manteña esta situación.

Artigo 20º

Cando a gravidade da situación do menor tutelado requira unha actuación inmediata, poderá acordarse o acollemento urxente nunha institución ou centro en réxime de observación durante trinta días. Neste prazo o equipo técnico fará un estudio das súas cir

cunstancias persoais e socio-familiares e proporalle ó delegado provincial a medida máis axeitada.

Sección 2ª.-Da garda.

Artigo 21º

Cando quen ten potestade sobre un menor solicite a súa atención por parte da Xunta de Galicia, xustificando non poder atendelo por razóns de enfermidade ou outras circunstancias graves, a delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude asumirá a garda durante o tempo necesario cando, valorada a situación, se considere esta a medida máis axeitada e non fóse posible a adopción doutras medidas de apoio á familia.

Con tal fin, os pais ou representantes legais deberán formula-la correspondente solicitude que presentarán na delegación provincial do seu domicilio.

Artigo 22º

O delegado provincial competente, en resolución motivada, poderá decreta-la asunción da garda, outras medidas de apoio ou ben denega-la garda solicitada cando considere que non existen razóns suficientes que a xustifiquen.

A dita resolución comunicaráselles ós interesados, os que deberán da-lo seu consentimento por escrito cando a medida acordada fose distinta da garda.

Artigo 23º

A garda poderá exercerse, baixo a vixilancia da delegación provincial, polo director do centro no que se interne o menor, ou pola persoa ou persoas que o reciban en acollemento. En todo caso, a garda terá carácter transitorio e orientarase á reinserción final na propia familia cando fose posible, procurándose así mesmo que a garda de irmáns se confíe a unha mesma institución ou persoa sempre que redunde en interese do menor.

Artigo 24º

Cando a garda solicitada polos pais se exerza nunha institución ou centro, procurarase fomentar ó máximo a relación do menor con eles mediante as saídas ó seu domicilio, e favorecendo as visitas daqueles ó centro, respectando o horario de visitas que este tivese establecido.

Sección 3ª.-Do acollemento familiar.

Artigo 25º

Polo acollemento familiar outórgaselle a garda dun menor a unha persoa ou núcleo familiar coa obriga de coidalo, alimentalo e educalo por un tempo, co fin de integralo nunha vida familiar que substitúa ou complemente temporalmente a súa familia biolóxica.

Artigo 26º

Os principios que rexerán na aplicación do recurso do acollemento familiar de menores serán os seguintes:

-Darlle prioridade á súa utilización sobre o acollemento en institucións.

-Evitar, na medida do posible, a separación de irmáns e procura-lo seu acollemento por unha mesma familia.

-Favorece-la permanencia do menor no seu propio ambiente, procurando que o acollemento se produza na familia extensa, agás que non fose aconsellable en orde ó interese do menor.

Artigo 27º

O acollemento familiar formalizarase por escrito ante a delegación provincial competente, debendo consta-lo consentimento desta, dos pais que non estean privados da patria potestade ou dos titores, das persoas que reciban o menor en acollemento, e deste se fose maior de doce anos. Así mesmo, expresarase a súa condición de remunerado ou non.

Cando exista oposición ó acollemento por parte dos titulares da patria potestade ou dos titores, ou estes non comparezan para presta-lo seu consentimento, o acollemento soamente poderá ser acordado polo xuíz competente.

Artigo 28º

O acollemento familiar poderá ser remunerado cando existan circunstancias que aconsellen facilitar un apoio económico á familia acolledora como compensación dos gastos ocasionados polo mantemento do menor.

Artigo 29º

Correspóndelles ás delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude a selección, preparación, apoio e seguimento das persoas e familias acolledoras, así como a formalización dos acollementos administrativos e as propostas de acollemento xudicial.

Artigo 30º

As persoas que desexen optar ó acollemento de menores sen finalidade adoptiva deberán estar inscritas no rexistro provincial de solicitudes de acollemento familiar da consellería.

A formalización destes acollementos familiares realizarase de acordo co seguinte procedemento:

1. Os interesados presentarán a correspondente solicitude ante a delegación provincial do seu domicilio, e o encargado do rexistro, no prazo máximo de dez días, efectuará a inscrición, expedindo unha certificación acreditativa deste extremo na que conste a súa data e o número de rexistro asignado.

A orde de inscrición neste rexistro en ningún caso suporá prioridade para optar ó acollemento familiar dun menor.

2. Os equipos do menor efectuarán a valoración da idoneidade dos solicitantes e elevarán, se é o caso, a correspondente proposta de acollemento familiar ó respectivo delegado provincial para a súa resolución. Na dita proposta deberán consta-los datos de identificación da familia acolledora, a dura

ción prevista do acollemento, o seu carácter remunerado ou non, así como se se trata de administrativo ou xudicial.

3. Vista a proposta do equipo, o delegado dictará a resolución que proceda, que lles deberá ser notificada ós pais ou titores, ós acolledores, así como ó Ministerio Fiscal. A vixencia máxima desta medida será de un ano, e antes de transcorre-lo mesmo procederase a revisa-la situación e dictarase a resolución que corresponda.

4. Cando medie o consentimento dos pais ou dos titores formalizarase un contrato de acollemento familiar no que deberá facerse constar como mínimo: o consentimento de tódalas partes e os compromisos que asumen, o réxime de visitas, a duración do acollemento, a súa remuneración, se é o caso, así como o seguimento que vai face-la delegación provincial.

5. No caso de oposición ó acollemento por parte dos pais ou titores ou cando non comparezan, realizarase a proposta de acollemento xudicial. Con carácter excepcional, o delegado provincial poderá acorda-la garda provisional en familia dun menor, co obxecto de tratar de consegui-los consentimentos necesarios para formaliza-lo acollemento.

En todo caso, no prazo máximo de dous meses desde a resolución da garda provisional terá que formalizarse o acollemento administrativo ou, se é o caso, presenta-la proposta de acollemento xudicial.

Na resolución de delegación de garda delimitaranse as condicións en que esta será exercida. O contido desta resolución incorporarase á proposta de acollemento xudicial.

Artigo 31º

Correspóndelles os equipos do menor o seguimento dos acollementos familiares, realizando para tal fin as seguintes actuacións:

a) Prestarlle o apoio necesario á familia biolóxica co obxecto de facilita-la reintegración do menor nela, se é o caso.

b) Prestarlle apoio e orientación necesarios á familia acolledora e mais ó menor para favorece-la efectividade da medida.

c) Elevarlle ó respectivo delegado provincial da Consellería un informe semestral relativo a cada menor acollido para a súa remisión ó Ministerio Fiscal.

Sección 4ª.-Do acollemento en institucións.

Artigo 32º

O ingreso dun menor nunha institución ou centro producirase cando se esgoten tódalas posibilidades de mantemento do mesmo na súa familia a través da utilización dos recursos preventivos, e o acollemento familiar ou a adopción non sexan posibles ou se consideren inadecuados. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de ingreso urxente prevista no artigo 20º.

Nembargantes, promoverase a integración no contorno social e a accesibilidade ós sistemas ordinarios

educativos, sanitarios e laborais, entre outros, procurándose, sempre que redunde en interese do menor, a convivencia e relación entre irmáns e a súa reinserción na propia familia.

Artigo 33º

A garda dun menor acollido nun centro será exercida polo director do mesmo, e supon a obriga de alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral.

Artigo 34º

Os menores acollidos en centros serán obxecto dun tratamento educativo individualizado que terá en conta as súas circunstancias persoais e socio-familiares e que se reflectirá nun proxecto educativo individualizado para cada menor.

Artigo 35º

Tódolos centros de atención a menores deberán contar cun proxecto educativo xeral e un regulamento de réxime interno. Os seus contidos mínimos determinaranse por orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

CAPÍTULO IV. DA ADOPCIÓN

Artigo 36º

Correspóndelle á Dirección Xeral da Familia, a través da Comisión de Adopcións e das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a xestión dos procedementos de adopción no ámbito territorial de Galicia, agás nos casos nos que non se requira a intervención da entidade pública de acordo co disposto no artigo 176.2º do Código Civil.

Sección 1ª-Dos requisitos para a adopción.

Artigo 37º

Requisitos dos adoptantes:

a) Ter como mínimo vintecinco anos cumpridos. En caso de solicitude conxunta por cónxuxes, bastará con que un deles teña a dita idade. En todo caso, o adoptante deberá ter polo menos catorce anos máis que o adoptando.

b) Residir na Comunidade Autónoma galega.

c) Estar inscrito no Rexistro de Adopcións da Comunidade Autónoma.

d) Ser considerado o solicitante persoa idónea para a adopción tralo correspondente procedemento de valoración.

En todo caso os solicitantes deberán acepta-lo sometemento ó desenvolvemento de todo o proceso previo a constitución da adopción.

Artigo 38º

Cando se considere conveniente que un menor sexa adoptado fóra de Galicia, solicitaranse candidatos idóneos ós servicios competentes doutras comunidades autónomas. Nestes casos, os solicitantes selec

cionados deberán reuni-los requisitos establecidos pola súa Comunidade Autónoma.

Artigo 39º

Requisitos dos adoptandos:

a) Ser menor non emancipado. Non obstante, será posible a adopción dun maior de idade ou dun menor emancipado cando, inmediatamente antes da emancipación ou da maioría de idade, existise unha situación ininterrompida de acollemento ou convivencia, iniciada antes de que o adoptando cumprise os 14 anos.

b) Estar en situación de ser adoptado de acordo coa lexislación vixente.

Sección 2ª-A Comisión de Adopcións.

Artigo 40º

Correspóndelle á Comisión de Adopcións, órgano de apoio á Dirección Xeral da Familia, o seguimento do procedemento de selección dos adoptantes considerados idóneos para cada menor, de acordo co establecido no presente decreto.

Artigo 41º

A Comisión de Adopcións terá a seguinte composición:

Presidente: director xeral da Familia.

Vocais: os delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou persoa que designen.

-2 funcionarios ou técnicos designados polo director xeral da Familia.

Actuará como secretario, con voz pero sen voto, o encargado do Rexistro de Adopcións.

Artigo 42º

Para o exercicio das súas funcións a Comisión de Adopcións reunirase trimestralmente, e con carácter extraordinario sempre que se considere conveniente por convocatoria do seu presidente.

Sección 3ª.-O Rexistro de Adopcións.

Artigo 43º

Crearase un Rexistro de Adopcións, adscrito á Dirección Xeral da Familia, que constará das seguintes seccións:

a) Solicitudes de adopción.

b) Solicitantes idóneos para a adopción.

c) Acollementos preadoptivos formalizados.

d) Adopcións constituídas.

A orde de antigüidade dos solicitantes idóneos, para a adopción virá dada pola data de presentación das súas solicitudes.

Artigo 44º

As persoas que desexen adoptar un neno deberán presentar solicitude normalizada na delegación provincial correspondente ó seu domicilio.

No caso de galegos residentes no estranxeiro con previsión de retorno, estes poderán dirixi-la súa solicitude ó delegado provincial da consellería da provincia na que vaian fixa-la súa residencia.

Se no prazo de un ano desde a data de presentación da solicitude non se xustificase a residencia efectiva na Comunidade Autónoma galega, a antedita solicitude arquivarase para tódolos efectos.

Artigo 45º

Coa solicitude deberán achegarse os seguintes documentos por parte de cada solicitante:

a) Certificación de nacemento.

b) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

c) Certificado de empadroamento.

d) Certificado médico ordinario.

e) Fotocopia da última declaración da renda e declaración de bens patrimoniais.

f) Documento acreditativo da cobertura sanitaria que teñan concertada.

g) Libro de familia ou certificado de convivencia, se é o caso.

h) Sentencia de separación ou divorcio, se é o caso.

Artigo 46º

A delegación provincial, unha vez recibida a documentación e comprobado que é correcta, expedirá certificación de tal extremo que remitirá xunto coa soficitude á Dirección Xeral da Familia. O encargado do rexistro efectuará a inscrición no rexistro, expedíndose a certificación correspondente, na que constará a data de inscrición e o número de rexistro asignado. Esta certificación remitirase á delegación provincial, que llelo comunicará ós interesados e abrirá un expediente individualizado.

Sección 4ª.-O procedemento de valoración de idoneidade.

Artigo 47º

Correspóndelles ás delegacións provinciais da consellería, a través dos seus equipos técnicos, a valoración da idoneidade dos solicitantes de adopción domiciliados na súa provincia e dos galegos residentes no estranxeiro con previsión de retorno a esta.

Artigo 48º

O procedemento de valoración iniciarase no prazo máximo de seis meses desde a data de presentación da solicitude, debéndose valorar, con carácter xeral, as solicitudes segundo a orde cronolóxica de presentación das mesmas. Excepcionalmente, poderá alterarse esta orde, cando haxa carencia de solicitantes adecuados para algún menor con especiais dificultades.

Artigo 49º

No proceso de valoración teranse en conta, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Que entre o adoptante e o adoptando haxa unha diferencia de idade axeitada que non sexa superior ós corenta anos, agás que os solicitantes estean en dispoñibilidade de aceptar grupos de irmáns ou menores con especiais dificultades, caso en que a diferencia de idade poderá ser superior.

b) Que o medio familiar dos solicitantes reúna condicións adecuadas para a atención integral do menor no referente á vivenda, medios de subsistencia, capacidade educativa, integración social, e relación estable e positiva entre os seus membros.

c) Existencia de motivacións e aptitudes adecuadas para a adopción. En caso de cónxuxes, esas motivacións e aptitudes deberán ser compartidas.

d) Condicións de saúde fisica e psíquica dos solicitantes que permitan atender correctamente o menor.

En ningún caso se aceptarán condicionamentos á adopción referidos a trazos físicos, sexo ou antecedentes socio-familiares dos adoptandos.

Artigo 50º

O equipo técnico elevaralle ó delegado provincial unha proposta razoada sobre a idoneidade dos solicitantes no prazo máximo de 3 meses a partir da data de inicio da valoración, agás que especiais circunstancias impidan valora-los mesmos dentro dese prazo.

Artigo 51º

A resolución sobre a idoneidade non implica a finalización do proceso de valoración, senón que este poderá continuar co obxecto de flexibiliza-la demanda e as motivacións dos solicitantes.

Artigo 52º

A resolución sóbre a idoneidade dos solicitantes remitirase á Dirección Xeral da Familia, onde se procederá á súa anotación na sección correspondente do Rexistro de Adopcións, expedíndose, no caso de ser favorable, certificación de idoneidade que se remitirá á delegación para a súa notificación ós interesados.

Artigo 53º

Transcorridos tres anos desde a declaración de idoneidade dun solicitante sen que se formalizase un acollemento preadoptivo, deberá ratificarse a valoración inicial ou realizarse unha nova en caso de variar significativamente as circunstancias que a motivaron.

Artigo 54º

Cando unha persoa non sexa declarada idónea para a adopción, poderá presentar nova solicitude transcorridos tres anos desde a resolución, procedéndose nestes casos a realizar unha nova valoración, seguindo o procedemento ordinario.

Sección 5ª.-O procedemento de selección.

Artigo 55º

Correspóndelles ás delegacións provinciais a selección dos adoptantes idóneos para cada menor, de acordo co procedemento seguinte:

a) Cando se trate dun menor de seis meses en situación legal de ser adoptado e que non presente ningún problema de saúde, deficiencia significativa ou circutistancia especial que requira un tratamento diferenciado, a delegación provincial remitirá á Comisión de Adopcións a ficha do menor, solicitando familia idónea para el.

A Comisión de Adopcións remitirá á delegación provincial os datos do solicitante que estea primeiro por orde de antigüidade na sección de solicitantes idóneos para a adopción.

b) No caso dun menor de máis de seis meses ou que presente algún tipo de dificultade especial, a delegación provincial, a proposta do equipo técnico, seleccionará de entre os solicitantes da súa provincia declarados idóneos os que máis se adecúen ás características ou circunstancias do menor.

Cando de entre os solicitantes declarados idóneos non haxa ningún que se adecúe ás características do menor, a delegación provincial remitirá copia do seu expediente á Comisión de Adopcións, solitándolle familia idónea para el. A Comisión de Adopcións reclamará das demais provincias que propoñan os solicitantes que ofrezan maiores condicións de aptitude en función das características do menor. Recibidas as propostas, a Comisión remitirallas á delegación provincial demandante para que esta seleccione a máis axeitada.

Artigo 56º

De non haber solicitantes idóneos para un menor na Comunidade Autónoma galega, a Comisión de Adopcións solicitará candidatos a outras comunidades autónomas, ben directamente ou ben a través do órgano de coordinación correspondente do Ministerio de Asuntos Sociais.

Artigo 57º

En tódolos casos en que haxa varios solicitantes valorados co mesmo grao de idoneidade para un menor concreto, a selección farase segundo o criterio de antigüidade.

Sección 6ª.-O acollemento preadoptivo.

Artigo 58º

Unha vez seleccionados os solicitantes idóneos para un menor, o delegado provincial dictará a correspondente resolución e procederá a formaliza-lo acollemento preadoptivo.

No caso de galegos residentes no estranxeiro, só se poderá formaliza-lo acollemento preadoptivo unha vez fixada a súa residencia en Galicia.

Artigo 59º

Cando se trate de menores con especiais dificultades, a formalización do acollemento preadoptivo non terá que ser inmediata, podendo establecerse un plan de integración familiar progresivo en función das necesidades do menor e a familia.

Artigo 60º

Correspóndelle á delegación provincial o seguimento dos acollementos preadoptivos, que deberán ter unha duración mínima de tres meses antes da presentación da proposta de adopción.

En todo caso, transcorrido ese período a dita proposta presentarase coa maior brevidade posible, unha vez verificado o acoplamento positivo entre o menor e a familia acolledora.

Artigo 61º

Coa proposta de adopción achegaranse os consentimentos dos adoptantes e do adoptando maior de doce anos así como os asentimentos recollidos e, no seu defecto, expresaranse os motivos polos que non foi posible obtelos.

Así mesmo, especificaranse os criterios seguidos para a selección deses adoptantes e incorporaranse os informes de valoración de idoneidade e as correspondentes propostas e resolucións de idoneidade e selección.

Artigo 62º

A delegación provincial notificará á Comisión de Adopcións tanto a formalización dos acollementos preadoptivos, como a data de presentación das propostas de adopción.

Artigo 63º

Recaído auto xudicial firme de constitución da adopción a delegación provincial procederá ó arquivo do expediente así como a notificarllo á Comisión de Adopcións para efectos da súa anotación na correspondente sección do rexistro.

Disposición adicional

As referencias deste decreto á capacidade dos cónxuxes para adoptaren simultaneamente a un menor aplicaranse tamén ó home e á muller integrantes dunha parella unida de forma permanente por relación de afectividade análoga á conxugal.

Disposición transitoria

Establécese un prazo de doce meses para regula-lo funcionamento do novo Rexistro de Adopcións e normalizar tódalas solicitudes existentes de acordo co novo procedemento establecido no decreto, Para tales efectos, amplíase o prazo de valoración disposto no artigo 48 ata doce meses desde a entrada en vigor do decreto.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente decreto e, en particular, o Decreto 196/1988, do 28 de xullo, polo que se desenvolve no ámbito da Comunidade Autónoma galega a Lei 21/1987, do 11 de novembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia, Muller e Xuventude para que dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude