Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: permuta dunha parcela no alto do Castiñeiro pola construcción dunha praza, dous sotos de aparcamentos e un de locais comerciais.

Prazo de execución: 3 anos contados a partir do día seguinte ó da sinatura do acta de comprobación do replanteo.

Exposición do expediente e prego de condicións: no departamento de contratación, tódolos días laborables, de 9 a 14 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional, do 2% do importe do proxecto presentado polo adxudicatario. Definitiva, do 4% do importe do citado proxecto.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con enderezo en.... DNI nº..., expedido o..., en plena posesión da súa capacidade de obrar, actuando en nome propio (ou en representación de ... ), toma parte no concurso para a permuta dunha parcela sita no alto do Castiñeiro por, como mínimo, a construcción dunha praza pública, dous sotos de aparcamento e un soto de locais comerciais. Os locais comerciais serán propiedade do concello, se ben durante 75 anos, contados a partir de tres meses despois da recepción provisional das obras dos locais, unha vez rematada a construcción, serán explotados para o seu beneficio polo adxudicatario, anunciada no B.O.E. nº... de data ... ; para estes efectos fai constar:

a) Ofrece o prezo de... ptas.

b) Baixo a súa responsabilidade declara non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade prevista nos artigos 9 da Lei de contratos do Estado e 23 do regulamento da devandita lei.

c) Coñece e acepta expresamente o anteproxecto e o prego de condicións económico-administrativas.

..., ... de... de 199...

O/A licitador/a

Prazo e lugar de presentación: no rexistro xeral do Consello de Narón, en horas de oficina, durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOE.

Apertura de propostas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do primciro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; se coincidise en sábado terá lugar o primeiro día hábil posterior.

Narón, 12 de abril de 1995.

Juan Gato Díaz

Alcalde