Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión de data 20-3-1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Ramón José Senín Fernández referido a solo urbano, na área delimitada polo cuarteirón situado entre as rúas Miguéns Parrado e Avda. de Vigo (CN-550), predios números 6 e 8.

Así mesmo acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito territorial do citado cuarteirón, delimitado na seguinte área: norte, r/ Miguéns Parrado, sur e oeste, zona verde e leste, Avda. de Vigo (CN-550).

Durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia poderá ser examinado nas oficinas municipais e formularse as alegacións que procedan.

Pontecesures, 11 de abril de 1995.

José Piñeiro Ares

Alcalde