Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración plan estratéxico de comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo).

Expediente número: 022/1995.

Obxecto: subministración plan estratéxico de comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo).

Fianza provisional: 2.200.000 ptas.

O anuncio foi enviado ó Diario Oficial das Comunidades Europeas o 17 de marzo de 1995.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse ou dirixiranse ós rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro, s/n, ou no Rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4, do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións, rematará as 14 horas do 8 de maio de 1995. Se se envían por correo o prazo rematará ese mesmo día e estarase ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, aprobado por Decreto 3410/1975, do 25 de novembro (BOE nº 311, do 27 de decembro).

A Mesa de Contratación reunirase ás 13 horas do día 11 de maio de 1965, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

P.D. (Resolución 22-6-1994)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos