Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

APERCIBIMENTO, previo á execución subsidiaria, das obras do inmoble sito no número 17-19 da rúa Concepción Arenal de Lugo. Expediente de construcción VPO-LU-13/62, expediente sancionador VP-85/74 (LU-DP-1/71).

Fáiselle saber a Jesús Lago Lago (JELASA) que ten como último domicilio coñecido Padre Feijoo, 13-15, A Coruña, que esta delegación provincial dictou acordo o 24 de maio de 1994 advertíndolle que de non realiza-las obras ordenadas pola Sala Cuarta do Tribunal Supremo en sentencia do 15 de xullo de 1988, no prazo de quince días, no inmoble sito no número 17-19 da rúa Concepción Arenal de Lugo, expediente de construcción VPO-LU-13/62, expediente sancionador VP-85/74 (LU-DP-1/71), procederíase á execución forzosa delas mediante a execución subsidiaria que establece o artigo 104 da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958.

O que se notifica mediante a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello da Coruña e no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de marzo de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo