A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público, procedemento aberto, para a adquisición de material didáctico, mobiliario e deportivo para os centros de primaria e secundaria.
Fianza provisional: na forma que sinala a cláusula 7.5.7ª do prego de cláusulas administrativas parliculares específico do concurso.
Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela e nas delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11.
Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Boletín Oficial del Estado e terminará o 23 de maio de 1995 ás 14 horas.
Lugar de presentación de proposicións: registro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.
Documentación que terán que presenta-los licitadores: a sinalada no punto 7 do prego das administrativas particulares.
Apertura de proposicións económicas: martes, 30 de maio de 1995, a partir das 10 horas.
Prazo de execución: un mes contado desde a sinatura do contrato.
Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
Orzamento de licitación: 271.640.800 ptas.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria